#25A: o pobo é quen máis ordena

539694_10200596487330545_665236980_nAbril non se desarma. Celebramos a chegada do 25 de abril, a memoria da veciña Revolución dos Cravos. Celebramos a nosa firmeza. A firmeza do xénero humano na súa ansia colectiva de todo transformar. Celebramos a claridade dos nosos soños, a nosa vontade de ter descuberto hai moito que este sistema de depredación, o capitalismo, ten fin. Que o patriarcado ten un “the end” posíbel. Que pobos coma o noso saben ser libres de tutelas e imposicións. Festexamos dende a disidencia que nós unidas, nós fortes, nós fermosas, nós xigantes, nós contentas, podemos conter coas nosas propias mans as pesadas agullas do reloxo da historia.

Temos alternativa, abofé. Mais non sen antes escachar, axitarnos, experimentar, tirar do elástico, mover os marcos conceptuais, enredar, pillármonos os dedos coa realidade, trabucarnos, defraudarnos un intre, recomezar, indignarnos co que non é xusto, emocionarnos, incomodarnos, estar. Temos unha alternativa que se compón paseniñamente coma un quebracabezas. Peza a peza como as nosas propias vidas. Xuntando retallo a retallo todas estas voces que ruxen por dentro de todas e todos nós.

Vimos dun pobo que non capitula. E Massó, e a loita pola reapropiación dos nosos corpos, e as experiencias dos comedores populares, e as mobilizacións contra a xenofobia, contra o euro, e Corcoesto, e as dúcias de folgas xerais, e as compañeiras da conserva, e aquilo de nunca máis! (x3), e os traballadores dos estaleiros, e que queremos unha Galiza en galego, e os servizos públicos ou a barbarie, e a economía social ou a produtividade, e a cultura ou isto… Non queremos berrar nada novo agora. Queremos berralo todo a un tempo con todos os timbres de voz.

Abril non se desarma. Nin se desarma a digna rabia que se nos atravesa no estómago coas súas ditaduras, ás súas agresións machistas, as súas guerras, os seus imperios, o seu FMI.

Pero tampouco non se desarman a paciencia ou o sorriso. Non se desarman as emocións e os corpos que se poñen ao servizo da liberdade. Nin a decisión e a contundencia de termos optado por nós. De termos posto as nosas vidas no centro. De termos afirmado que o corazón de todo activismo é a ilusión, a comunidade, a horizontalidade. De pularmos pola democracia de base. De crermos na necesidade de coidar cada un dos procesos de loita coma un cravo dunha madeixa de flores na que enredará o noso abril aínda por vir.

Amarrémonos á alegría e á loita, teñamos delas con firmeza. Sosteñamos a ilusión. Acochemos a esperanza nos petos dos pantalóns. O futuro é noso. Saibámolo coa boca. Apañémolo coas mans.

25 de abril sempre! Fascismo nunca máis!

Máis información |  Evento no FB

II Encontro de Assembleias Populares – Coimbra, 2 e 3 de fevereiro

Esta fin-de-semana, días 2 e 3 de fevereiro, decorreu o II Encontro de Assembleias Populares em Coimbra. A convocatória era dirigida a assembleias e outro tipo de coletivos horizontais, tanto portugueses como estrangeiros.

Assim, conta-mos com a participação de ativistas ligadas ás Assembleias Populares de Coimbra, Évora, Graça e Santarém, os Indignados de Lisboa, a plataforma antimilitarista PAGAN e outras pessoas que assistiram a título individual. A nível internacional, conta-mos com a presença da Assembleia Aberta de Santiago de Compostela, a Comissão Internacional de Barcelona, a Comissão de Comunicação de Madrid e o coletivo People Witness.

O Encontro começou com uma breve ronda de apresentações das pessoas e coletivos presentes. Exprimiu-se o trabalho já realizado e os projetos a decorrer. Também se fez uma partilha de problemas e obstáculos percebidos.

A seguir, formamos grupos de trabalho para aprofundarem no debate em torno a três eixos: alternativas para ultrapassar os obstáculos encontrados (tanto em quanto a ações como a metodologia de funcionamento), construção de ferramentas de comunicação interna e externa, e articulação com outros coletivos e movimentos sociais.

Já a noite, abordou-se a temática das ocupações a través da projeção dos documentários sobre as experiências de São Lázaro 94 em Lisboa e a Es.Col.A da Fontinha no Porto.

O domingo dia 3 fizemos a partilha das ideias que surgiram nos grupos de trabalho. A tarde foi dedicada a um workshop sobre criação de ferramentas web de comunicação, com a sua aplicação prática no contexto deste II Encontro ao desenvolver estruturas para a manutenção de comunicação fluida entre as participantes.

A Assembleia Popular de Coimbra assumiu um ano mais o rol de anfitriã, com a organização da cozinha comunitária e ao facilitar o acolhimento das visitantes a través da rede de Repúblicas da cidade.

Também houve tempo para a abertura doutros debates e discussões, e para o estabelecimento de ligações informais cumprindo o objetivo transversal do Encontro: a criação de redes inter-assembleares face a uma maior coordenação.

Manifestación: por unha Compostela transparente e participativa. Disolución da corporación municipal

O día 20 de xaneiro sairemos a rúa unha vez máis porque en Compostela estamos fartxs da corrupción e as actitudes mafiosas do noso concello. A Operación Pokemon, na cal están implicados o alcalde e algúns concelleiros de Compostela, non é máis que outra mostra disto. Máis alá deste proceso xudicial, a realidade é que isto é unha problemática estructural e sistémica do noso modelo político-institucional. Tódolos partidos políticos que pasaron polo goberno desta cidade colaboraron no espolio dos nosos dereitos e na privatización dos nosos recursos para beneficio das súas redes clientelares.

Cremos na necesidade de loitar contra esa cidade gris, sen democracia, represiva e silenciada pola policía, desigual e pechada que nos queren impoñer desde a corporación municipal. É necesario a creación de outro modelo de organización do concello, baseado na autoorganización das persoas e na recuperación dos servizos públicos. Unha cidade democrática e plural onde caiban todas as expresións políticas e culturais, onde o pensamento non estea privatizado.

Por todo isto realizamos esta convocatoria aberta o próximo domingo día 20 ás 12 na Alameda. Non nos tragamos máis o seu xogo pseudodemocrático, temos o dereito a decidir por nós mesmos. Non abonda coa demisión do alcalde Currás por corrupto. Non pararemos ata desaloxar a toda esta mafia que controla o concello desde hai máis de trinta anos de mal chamada democracia. Chegou a hora de dicir que non! Chegou a hora de esixir con firmeza a disolución desta corporación municipal.

cartaz

Convoca: Compostela Transparente

Máis | Evento no FB