Desafiuzada polo seu agresor #violenciamachista #stopdesahucios cc @StopDesSCQ

sandraSCQdesO vindeiro luns día 7 de outubro cúmprese o peor dos nosos prognósticos: Sandra será desafiuzada polo seu ex-marido da que foi a súa casa familiar, a súa e agora tamén, a do seu fillo. A historia de Sandra, como a de tantas e tantas mulleres, comeza cunha relación sentimental, cun  vouche axudar, cun quérote… Aos poucos a situación deteriórase e empeza o acoso, o maltrato, os golpes… As leis, esas leis das que din discriminar aos homes, non amparan nin a Sandra nin ao seu fillo. A xustiza, coma sempre, vólvese xorda, cega e muda e coopera co agresor para que execute a súa vinganza. Déixaa sen a súa casa.

Sandra non é de Cabanas, Sandra e o seu fillo viven nunha casa que herdou dun familiar. O seu ex-marido si que é de Cabanas; o seu ex-marido si ten boas relacións co “poder” da vila, tanto así que a ela custoulle moito conseguir que a empadroaran, ata o punto de ter que intervir o Valedor do Pobo a instancias de Stop Desahucios para conseguilo. Temos a obriga de intentar paralizar este desafiuzamento, temos o deber de esixir que se revisen todos os pormenores desta estafa, na que non só está implicada unha entidade financeira, senón que ademais existen indicios de prácticas usureras por parte do típico ricachón da vila.

Convidamos a todas as persoas que se sintan ofendidas por este tipo de actuacións a que se presenten o luns día 7 de outubro, ás 10 da mañá, na Urbanización de Los Llanos nº 3, fronte á praia de Cabana.

susanaDes

Máis información:

About these ads

Un comentario