Reunión, mércores 21 de novembro: Stop Desafiuzamentos Compostela

Ante a gravidade do último caso co que nos atopamos, xunto coa problemática habitual de perda de fogar por estafa bancaria, temos por diante un caso para o que necesitamos o maior apoio social posible, polo que de antemán pregamos difusión e a participación de colectivos e persoas.

Convocamos unha xuntanza o próximo mércores 21, ás 20:00h no local de Ítaca (Pombal 18) onde explicaremos os detalles do caso e trazaremos un plan de actuación en común.

Moitas grazas pola vosa solidariedade e insistimos na necesidade de contar co maior apoio posible.

Máis | Evento no FB

One comment

  1. Miguel

    Por motivos laborais e de desplazamento e imposible que poida ir a esa reunión, ainda así espero que si se toman decisións importantes como un boikot a un desaloxo o comuniquedes igualmente que este aviso para poder reniur xente e axudar.