Proximamente… novo Centro Social en Compostela!

Desde fai algo máis dunha semana comezouse en Compostela un proxecto de recuperación dunha casa que será un futuro Centro Social na zona de Sar (Curros Enríquez nº28).

Algo de información:

Horarios dos grupos de traballo

– De luns a xoves, de 11:00h a 19:00h

– O mércores, ás 16:00h o traballo será de posta en común (necesidades da casa, avaliación do traballo, propostas, etc.)

– Os venres será o día de facer acopio de material

Na casa hai un taboleiro coa lista de necesidades e outro coa lista de tarefas.

E non menos importante, necesítanse cartos. Para iso hai varias mentes ávidas traballando en como autofinanciar a obra: concertos, crowfunding, bonos axuda… o debate está aberto e todas as ideas son benvidas!
O que xa se pode atopar na casa é un peto onde podedes axudar co que poidades e queirades🙂

Difundide isto aos catro ventos, copiade e pegade, espallade a palabra! E pasádevos polo local: Curros Enríquez 28! Sempre é un bo momento para aprender algo de albanhilería e reconstrucción!