Xoves, 29 de novembro: día contra os desafiuzamentos #stopdesahucios

Este xoves, 29 de novembro, será un día de moita actividade na plataforma Stop Desahucios Compostela.

12:30h, nos Xulgados de Fontiñas: Petición da paralización de todos os desafiuzamentos

Todo o mundo recoñece que en España se están a vulnerar os Dereitos Humanos, dende os mesmos xuíces que alertaron sobre cambiar o proceso, ata a Unión Europea, que seguramente emitirá un ditame no que se diga que hai que cambiar a lei porque é incompatible coa normativa europea. Sobre a base disto, pedímoslle aos xuíces paralizar non só os desafiuzamentos senón tamén o proceso de execución hipotecaria.

Esiximos a paralización inmediata de TODOS os procedementos de execución hipotecaria de vivenda habitual e a TODAS as execucións derivadas de execucións hipotecarias, nos que os bancos seguen embargando as vidas das familias ás que botaron da súa casa. Todos estas accións están manchadas por un procedemento inxusto que está a provocar un xenocidio financeiro, a morte civil de centos de miles de familias, e non poden seguir realizándose nin un minuto máis.

Máis información no evento do FB.

18:00h, na Praza do Obradoiro: Festa/Algarada – Santiago de Compostela declararase municipio libre de desafiuzamentos

Facendo uso do noso poder de clarividencia e non deixándonos guiar polo pesimismo que nos dita a experiencia de ter escoitado outras veces, tantas veces, as mesmas declaracións ben intencionadas e que nunca se materializan en feitos, atrevémonos a adiantarnos aos acontecementos, proclamando aos cuatros ventos isto.

Así que este xoves ás 18:30 imos celebrar que Santiago de Compostela é unha cidade libre de desafiuzamentos, sirva a presente para advertir que tampouco nos conformaremos con actuacións simbólicas, queremos feitos, reivindicamos os nosos dereitos.

O evento no FB, aquí.

XUNTAS PODEMOS!

One comment