Concentración, martes 4 de decembro: contra os desafiuzamentos do Banco Santander

Convocamos á cidadanía de Compostela para protestar ante a sede do Banco Santander, paladín dos desafiuzamentos, na Praza de Galicia o próximo martes 4 ás 12 da mañá.
A entidade caníbal esta a acosar a dúas veciñas de Pontecesures, en diferentes momentos do proceso de execución hipotecaria, así coma a unha familia de Brión que xa perdeu a vivenda e á que se lle reclama a totalidade da débeda hipotecaria.
Son tres exemplos da violencia financeira ás nosas veciñas que simplemente cometeron o pecado de formar parte dun sistema que protexe aos poderosos e defenestra ás persoas.
Por iso dende o colectivo StopDesahucios, pedimos a asistencia masiva á concentración na que berraremos a políticos e banqueiros que nós non pagamos e que a súa crise é a nosa morte.

Non pagaremos a vosa estafa!!!!
Todas a rúa!!!!!!
Contra a violencia sistémica, financeira e de xénero!!!!!

Máis | Evento no FB

stopdes

One comment

  1. Pingback: Ante a presión popular… os bancos actúan! Xuntxs podemos! « acampadaSCQ