Ante a presión popular… os bancos actúan! Xuntxs podemos!

Despois da concentración e peche de onte no Banco Santander, en Compostela, a entidade aceptou sentarse a negociar coas catro familias afectadas nun prazo dunha semana e ofrecerlles unha solución (levaban 6 meses esperando).

A primeira reunión terá lugar este venres en Pontecesures. Na mesa de negociación, por primeira vez estará Stop Desafiuzamentos.

O resto, xuntáremonos ás 11:00h na Praza de Galicia (ao carón do banco Santander) atentxs ao resultado da xuntanza. Que saiban que non é suficiente reunirse, que queremos solucións e querémolas xa. Sabemos que é cedo, que para moitxs é festivo e que todxs temos as nosas familias, pero agora temos a certeza de que ante a presión popular, os bancos actúan!

Pero hoxe hai que darvos as grazas e dicirvos que podemos estar orgullosas! Porque é certo, que xuntxs podemos, e agora que o sabemos… NON IMOS PARAR!