Luns, 10 de decembro: semana de Aulas na Rúa

Na semana do 10 de decembro (luns, martes e mércores) terán lugar diferentes Aulas na Rúa impartidas por docentes da USC.

As Aulas na Rúa son un feito de reivindicación do espazo público como lugar de coñecemento e debate; máis cando a actual situación de abuso dos poderes financieiros e @s polític@s monicreques estánnos a botar das nosas Universidades.

En definitiva, trátase dunha semana reivindicativa da comunidade universitaria na súa defensa polo ensino público e de calidade para tod@s. Mais isto non debe rematar aquí: seguiremos a traballar nos centros universitarios e na rúa crendo necesario máis que nunca a necesidade de auto-organizarnos ante o ataque da política neoliberal que tenta privatizar a nosa educación converténdoa nun negocio.

A educación é nosa, defendámola!

Programa:

– Luns, 10 de decembro con Pablo Meira: Entendendo a Miss Sandy (cambio climático)

– Martes, 11 de decembro con Germán Vargas: Educación popular

– Mércores, 12 de decembro con Miguel Pardellas: Decrecemento/Transición

* Todas as aulas ás 17:30h no Toural (se chove nos soportais)

556671_299641643469308_1966473783_n

Máis | Evento no FB

Un comentario

  1. Pingback: Semana das Aulas na Rua em Compostela