Manifestación: por unha Compostela transparente e participativa. Disolución da corporación municipal

O día 20 de xaneiro sairemos a rúa unha vez máis porque en Compostela estamos fartxs da corrupción e as actitudes mafiosas do noso concello. A Operación Pokemon, na cal están implicados o alcalde e algúns concelleiros de Compostela, non é máis que outra mostra disto. Máis alá deste proceso xudicial, a realidade é que isto é unha problemática estructural e sistémica do noso modelo político-institucional. Tódolos partidos políticos que pasaron polo goberno desta cidade colaboraron no espolio dos nosos dereitos e na privatización dos nosos recursos para beneficio das súas redes clientelares.

Cremos na necesidade de loitar contra esa cidade gris, sen democracia, represiva e silenciada pola policía, desigual e pechada que nos queren impoñer desde a corporación municipal. É necesario a creación de outro modelo de organización do concello, baseado na autoorganización das persoas e na recuperación dos servizos públicos. Unha cidade democrática e plural onde caiban todas as expresións políticas e culturais, onde o pensamento non estea privatizado.

Por todo isto realizamos esta convocatoria aberta o próximo domingo día 20 ás 12 na Alameda. Non nos tragamos máis o seu xogo pseudodemocrático, temos o dereito a decidir por nós mesmos. Non abonda coa demisión do alcalde Currás por corrupto. Non pararemos ata desaloxar a toda esta mafia que controla o concello desde hai máis de trinta anos de mal chamada democracia. Chegou a hora de dicir que non! Chegou a hora de esixir con firmeza a disolución desta corporación municipal.

cartaz

Convoca: Compostela Transparente

Máis | Evento no FB

One comment