Category: stop desafiuzamentos compostela

[Asemblea Aberta] Inauguración do CSA Sar

Este xoves, 5 de decembro, o Centro Social Autoxestionado do Sar abre as súas portas á veciñanza! Tres días onde coñecérmonos e coñecer o centro social.

Estades todxs convidadxs a desfrutar deste espazo e axudar na súa construción; agardámosvos na rúa Curros Enríquez nº 28 (Compostela).

1417784_556075751134610_152910518_oMáis información: Asemblea Aberta

Advertisements

Desafiuzada polo seu agresor #violenciamachista #stopdesahucios cc @StopDesSCQ

sandraSCQdesO vindeiro luns día 7 de outubro cúmprese o peor dos nosos prognósticos: Sandra será desafiuzada polo seu ex-marido da que foi a súa casa familiar, a súa e agora tamén, a do seu fillo. A historia de Sandra, como a de tantas e tantas mulleres, comeza cunha relación sentimental, cun  vouche axudar, cun quérote… Aos poucos a situación deteriórase e empeza o acoso, o maltrato, os golpes… As leis, esas leis das que din discriminar aos homes, non amparan nin a Sandra nin ao seu fillo. A xustiza, coma sempre, vólvese xorda, cega e muda e coopera co agresor para que execute a súa vinganza. Déixaa sen a súa casa.

Sandra non é de Cabanas, Sandra e o seu fillo viven nunha casa que herdou dun familiar. O seu ex-marido si que é de Cabanas; o seu ex-marido si ten boas relacións co “poder” da vila, tanto así que a ela custoulle moito conseguir que a empadroaran, ata o punto de ter que intervir o Valedor do Pobo a instancias de Stop Desahucios para conseguilo. Temos a obriga de intentar paralizar este desafiuzamento, temos o deber de esixir que se revisen todos os pormenores desta estafa, na que non só está implicada unha entidade financeira, senón que ademais existen indicios de prácticas usureras por parte do típico ricachón da vila.

Convidamos a todas as persoas que se sintan ofendidas por este tipo de actuacións a que se presenten o luns día 7 de outubro, ás 10 da mañá, na Urbanización de Los Llanos nº 3, fronte á praia de Cabana.

susanaDes

Máis información:

Manifestación unitaria #stopdesafiuzamentos e contra o acoso financeiro

O respecto pola dignidade humana é responsabilidade de toda a sociedade. Previr situacións de miseria, de desamparo ante as inxustizas, é o deber que prima nos desafiuzamentos. E isto non é unha loita económica, é vital.

Levamos xa moito tempo reclamando dación en pago retroactiva, paralización de desafiuzamentos e creación dun parque de vivendas en aluguer social. Levamos moito tempo xa reclamando unha solución ao problema da vivenda no Estado español que se deixou en mans de especuladores, entidades financeiras que os amparan e unha lexislación que se esquece que este dereito está, non só recollido na nosa constitución, senón ademais na declaración universal dos dereitos humanos.

Dende as altas esferas tomáronse medidas evidentemente insuficientes, porque seguimos tendo máis de 500 desafiuzamentos diarios, porque seguimos tendo 470 mil familias na rúa. E a nosa lexislación só entende de dación en pago para as entidades financeiras coa creación do banco malo.

Por todo isto, dende a unidade de distintos colectivos e o apoio mutuo entre as persoas, convocamos á veciñanza de Compostela a unha manifestación unitaria contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro. Isto non é un problema que requira solucións caritativas, isto é un problema que require solucións de xustiza.

Temos que facer palpable o apoio ás persoas que sufriron e seguen sufrindo esta trangallada, temos que demostrar que xuntas podemos cambiar este modelo.

Venres #28D, día dos inocentes, 20:00 Praza Roxa.

desafiuzar=asasinar

Máis | Evento no FB