Tagged: desafiuzamentos

Ante a presión popular… os bancos actúan! Xuntxs podemos!

Despois da concentración e peche de onte no Banco Santander, en Compostela, a entidade aceptou sentarse a negociar coas catro familias afectadas nun prazo dunha semana e ofrecerlles unha solución (levaban 6 meses esperando).

A primeira reunión terá lugar este venres en Pontecesures. Na mesa de negociación, por primeira vez estará Stop Desafiuzamentos.

O resto, xuntáremonos ás 11:00h na Praza de Galicia (ao carón do banco Santander) atentxs ao resultado da xuntanza. Que saiban que non é suficiente reunirse, que queremos solucións e querémolas xa. Sabemos que é cedo, que para moitxs é festivo e que todxs temos as nosas familias, pero agora temos a certeza de que ante a presión popular, os bancos actúan!

Pero hoxe hai que darvos as grazas e dicirvos que podemos estar orgullosas! Porque é certo, que xuntxs podemos, e agora que o sabemos… NON IMOS PARAR!
Advertisements

Martes, 5D: @StopDesSCQ continúa coas mobilizacións #stopdesafiuzamentos

Despois da concentración-peche no Banco Santander de Praza de Galicia de hoxe pola mañá, Stop Desafiuzamentos Compostela continúa mobilizándose para defender as persoas acorraladas polo sistema financieiro, tan inxusto e ao servizo duns poucos nos que se inclúen os banqueiros.

A desmesura acción policial vivida hoxe: sete compañeiras a xuízo por delito de faltas -esta é capacidade de diálogo das forzas da “lei” e da banca-,  Stop Desafiuzamentos Compostela convoca novas accións mañá, 5 de decembro, a partires das 12h onde nos reuniremos no centro da Praza de Galicia.

Xuntas podemos!

StopSantander

Concentración, martes 4 de decembro: contra os desafiuzamentos do Banco Santander

Convocamos á cidadanía de Compostela para protestar ante a sede do Banco Santander, paladín dos desafiuzamentos, na Praza de Galicia o próximo martes 4 ás 12 da mañá.
A entidade caníbal esta a acosar a dúas veciñas de Pontecesures, en diferentes momentos do proceso de execución hipotecaria, así coma a unha familia de Brión que xa perdeu a vivenda e á que se lle reclama a totalidade da débeda hipotecaria.
Son tres exemplos da violencia financeira ás nosas veciñas que simplemente cometeron o pecado de formar parte dun sistema que protexe aos poderosos e defenestra ás persoas.
Por iso dende o colectivo StopDesahucios, pedimos a asistencia masiva á concentración na que berraremos a políticos e banqueiros que nós non pagamos e que a súa crise é a nosa morte.

Non pagaremos a vosa estafa!!!!
Todas a rúa!!!!!!
Contra a violencia sistémica, financeira e de xénero!!!!!

Máis | Evento no FB

stopdes